Día 1 - Incorporación

 Noites sin durmir, maletas feitas dende fai 5 días, apurando a papá e a mamá para sair da casa as 7 da mañá... e por fin chegou o día e chegamos ao campamento!!!

Na recepción agardábannos os monis caracterizados para darnos a benvida ao campa... e a partir de ahí... a desfrutar!!!

Fumos ás camaretas e despois xa a coñecernos nas pistas. Xogamos, cantamos, rimos... e despois a xantar, entregar os móbiles e os cartos.

Pola tarde tocaron normas, simulacro de evacuación e proba de natación. E despóis das duchas e da cea... unha velada moi divertida onde tivemos que encontrar aos náufragos das Sinas por todo o campamento!!

O campamento acaba de comezar... e xa estamos namorados das Sinas!! 

Aínda agarda o millor....




















Comentarios