Quen ía dicir cando comezou o verán que pasaría tan tan rápido, e así, case sen darnos conta, chegamos á última quenda do verán.
Comezamos esta quenda dunha forma moi especial, coa gran alegría de poder recibir a un novo grupo de nenos e nenas que estamos seguros de que farán que o peche da campaña de verán 2022 sexa moi especial.
Como vos comentei nas diferentes reunións que mantivemos, quero transmitir dende xa no meu nome, do equipo de monitores, da administración e de Marexada. Deporte, Lecer e Cultura (empresa encargada de executar as actividades), o noso agradecemento pola confianza que depositades en todos nós deixando a rapazada estes días no campamento. Estamos seguros e traballaremos a fondo para que estes 10 días sexan inolvidables e máxicos.
Gustaríame presentarvos ao equipo que estará con nós durante esta quenda. Podedes encontralo no seguinte enlace:
Grazas de corazón!
Jorge Pintos - Director do campamento
Comentarios
Publicar un comentario